Condrictios (Chondrichthyes) Peixes cartilaxinosos Rango fósil: silúrico - actualidade | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Tiburón branco (Carcharodon carcharias) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subclases | |||||||||||||||
Os condrictios (Chondrichthyes, do grego χονδρος chóndros, "cartilaxe", e ιχθύς ichthýs, "peixe") ou peixes cartilaxinosos son unha clase de vertebrados acuáticos caracterizados por teren o esqueleto cartilaxinoso, a diferenza do esqueleto dos peixes óseos (osteíctios), que o teñen osificado.
Comprende os elasmobranquios (tiburóns e raias) e os holocéfalos (quimeras).