Nome | Connacht Rugby | ||
---|---|---|---|
Unión | IRFU | ||
Alcume(s) | The Devils Own | ||
Fundación | 1885; hai 139 anos | ||
Sede | Galway, Irlanda | ||
Estadio(s) | Galway Sportsgrounds | ||
Capacidade | 8.129 espectadores | ||
Presidente | Willie Ruane | ||
Adestrador | Andy Friend | ||
Capitán | Jarrad Butler | ||
Caps | John Muldoon (327) | ||
Anotador | Eric Elwood (1038) | ||
Ensaios | Matt Healy (53) | ||
Liga(s) | Pro14 | ||
2018−19 | 3º (conferencia A) | ||
| |||
Na rede | |||
https://www.connachtrugby.ie/ | |||
O Connacht Rugby (en irlandés: Rugbaí Connachta) é un dos catro equipo profesionais provinciais de rugby da Illa de Irlanda. O club compite no Pro14 e na Copa de Campións Europea de Rugby. O equipo representa á sección de Connacht da Irish Rugby Football Union (IRFU), sendo así o responsable do rugby na provincia. O Connacht xoga os seus partidos como local no Galway Sportsgrounds, recinto con capacidade para 8.100 espectadores. A cor principal do club é o verde, a cal utilizan na camisola local do equipo. Por outra banda, na camisola visitante utilizan o azul, unha das cores tradicionais da provincia. O emblema do equipo é unha versión modificada da bandeira provincial, a cal consiste nunha aguia e nun brazo portando unha espada.
Connacht ten unha base de xogadores moi pequena en comparación con outras provincias irlandesas debido en parte á pouca poboación da provincia e a gran popularidade que teñen na mesma os Deportes Gaélicos coma o hurling e o fútbol gaélico. Connacht ten tan só un 8% do total dos xogadores de rugby irlandeses actualmente, a pesar de que o rugby experimentou un crecemento nos últimos anos. Esta expansión tamén se ve reflicitda na venda de entradas, sobre todo desde a primeira temporada na que o club participou na Heineken Cup. O maior éxito do club chegou no ano 2016 cando sorpresivamente conseguiron o seu primeiro título do Pro12 (actual Pro14) tras vencer á provincida de Leinster na final. Os medios de comunicación compararon esta vitoria coa do título do Leicester City na Premier League de fútbol dese mesmo ano.