Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde abril de 2011) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2020.) |
Conquista de Navarra | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Coroa de Castela Coroa de Aragón |
Reino de Navarra |
A Conquista de Navarra foi un proceso iniciado no século XII cos Tratados entre a Coroa de Castela e a de Aragón, nos que se acordou repartirse o Reino de Navarra, cunha conquista parcial e que culminou coa invasión completa no século XVI. Posteriormente, a Baixa Navarra, que logrou revertela, mantívose como reino independente ata o século XVII, en que o seu rei pasou a ter tamén a Coroa Francesa, deixando de ser reino a finais do século XVIII tras a Revolución Francesa. Pola súa banda, a Alta Navarra, integrada na Coroa de España, deixou de ser reino no século XIX.