Conquista do Deserto | |||
---|---|---|---|
![]() A Conquista do Deserto, cadro de Juan Manuel Blanes. | |||
Tipo | campaña militar ![]() | ||
Data | ╴1885 | ||
Resultado | Vitoria arxentina sobre os indíxenas | ||
Localización | Pampas e Patagonia | ||
Belixerantes | |||
| |||
Líderes | |||
Forzas | |||
| |||
[ Wikidata ] |
A Conquista do Deserto foi a campaña militar realizada pola República Arxentina entre 1878 e 1885, pola que ingresou ó territorio e derrotou as tribos, pobos ou nacións (segundo o bando) mapuche, ranquel e tehuelche e que tivo como principais consecuencias a incorporación á soberanía da República Arxentina dunha ampla zona da rexión pampeana e da Patagonia (chamada Puelmapu polos mapuches) que até ese momento estaba dominada polos pobos indíxenas vencidos que sufriron a aculturación, a perda das súas terras e a súa identidade ó seren recolocados pola forza en reservas indias ou trasladados para servir como man de obra forzada.[6][7][8]
Os feitos son obxecto de debate e visións diferentes, tanto dentro como fóra dese país. A posición tradicional arxentina sostén que se tratou dunha xesta militar e unha guerra lexítima respecto da efectiva soberanía da República Arxentina sobre territorios herdados do Imperio español e que respondeu aos malóns mapuches sobre a fronteira.[9] Contra a posición tradicional arxentina, políticos e xornalistas arxentinos da época, denunciaron o que consideraron un "crime de lesa humanidade" cometido polo Exército Arxentino.[10]
A posición tradicional das comunidades mapuche, tehuelche e ranquel sostén que se tratou dunha invasión ilexítima dos huincas arxentinos sobre territorios ocupados polos seus devanceiros.
Outra postura arxentina cuestiona a actuación do Estado arxentino contra as nacións indíxenas, tanto pola violencia con que se desenvolveu a conquista, como pola imposición unilateral, a insuficiencia de dereitos e o obxectivo de beneficiar un grupo de terratenentes. Unha opinión máis recente, compartida polas comunidades indíxenas, un sector arxentino e estudosos doutras nacionalidades, sostén que se tratou dun xenocidio e un etnocidio institucional.[11]
Nun sentido histórico máis amplo, o termo inclúe tamén as campañas previas á Conquista do Deserto, é dicir, o conxunto de expedicións militares levadas a cabo polos gobernos nacionais e provinciais arxentinos que se sucederon, en contra dos indíxenas, antes da gran campaña de 1879.
En cuanto a la tribu de Cipriano Catriel -que como ya hemos visto prestó tan buenos servicios al gobierno nacional— (...) El 11 de diciembre de 1873, al frente de 1 000 guerreros —de los cuales 800 portaban lanzas, 50 armas de fuego y el (...).