Consello de Europa | |
---|---|
Acrónimo | CdE e CoE |
Tipo | organización intergobernamental |
Área de operación | Europa |
Data de fundación | 5 de maio de 1949 |
Secretario/a | Alain Berset |
Nº de membros | 46 (2022) |
Orzamento | 496000000 euros |
Organización subsidiaria | Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e European Commission for the Efficiency of Justice |
Sede | Palácio da Europa |
País | Francia |
48°35′42″N 7°46′19″L / 48.594947947699, 7.7719320473743 | |
Na rede | |
https://www.coe.int, https://www.coe.int/fr/, https://www.coe.int/de/, https://www.coe.int/it/, https://www.coe.int/en/ e https://www.coe.int/ru/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Consello de Europa é a organización internacional da "Grande Europa" (47 Estados membros (en comparación cos 28 da Unión Europea), con 800 millóns de habitantes), co obxectivo de promover a democracia, os Dereitos Humanos, a identidade cultural europea e a procura de solucións aos problemas das sociedades de Europa. A súa sede é en Estrasburgo, fundándose en 5 de maio de 1949 polo Estatuto de Londres.
O Consello de Europa engloba tamén as áreas asiáticas dalgúns dos seus membros: Azerbaidján, Armenia, Chipre, Xeorxia, Rusia e Turquía.