Contedor

Buque portacontedores

No eido do transporte de mercadorías, un contedor (ou container) é un recipiente reutilizable feito de estrutura metálica (aceiro ou aluminio) con outros compoñentes (madeira ou plástico) de medidas normalizadas segundo ISO (International Organization for Standardization), en concreto, a ISO 6346 (por ese motivo, tamén se coñecen co nome de containers ISO 6346). Reciben tamén o nome de Contedor Intermodal, que significa que pode ser movido e empregado para o transporte en diversos medios: navais, estrada ou ferrocarril, sen ter que baleirar a carga ou trocala de contedor dende a orixe ata chegar a destino.

As medidas dos contedores varían desde os 8 pés (2,438 m) de anchura, 56 pés (17,07 m) de lonxitude e alturas de 8 pés (2,438 m), ata 9 pés e 6 polgadas (2,9 m). As capacidades dos contedores exprésanse a miúdo en unidades de vinte pés equivalentes (en inglés Twenty-foot Equivalent Unit, TEU), que é unha unidade de capacidade equivalente a un estándar de 20 pés x 8 pés (6,10 m x 2,44 m) (lonxitude x anchura) do contedor.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne