![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2021.) |
Un continuo dialectal (ou continuum xeolectal ou complexo dialectal) é un conxunto de variedades lingüísticas faladas en terras fronteirizas, con diferenzas lixeiras nas zonas contiguas e con intelixibilidade mutua que mingua ao afastárense, chegando a desaparecer. Deste xeito dúas linguas aceptadas como diferentes poden ter entre si un conxunto de dialectos intermedios sen perderse en ningún caso a intelixibilidade sucesiva. Un continuo dialectal pode desaparecer ao fragmentarse pola extinción dialectal consecuencia do reforzamento dunha ou varias lingua estándar.