![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
O contorno de escritorio[1] ou simplemente, escritorio, é a interface gráfica que permite a un usuario realizar operacións nun ordenador interactuando con elementos gráficos coma as iconas ou as fiestras dos programas. Un contorno de escritorio consiste tipicamente de iconas, fiestras, barras de ferramentas, cartafoles, fondos de escritorios e aplicacións de escritorio ou widgets.
Conceptualmente, o contorno de escritorio é unha metáfora co escritorio de traballo real no que se traballa con documentos e cartafoles e no que pode haber ferramentas varias que nos permitan traballar con eses documentos. O software que proporciona o contorno de escritorio ofrece, habitualmente, capacidades de arrastrar e soltar e outras características que fan que esta metáfora do escritorio sexa máis completa e similar á forma de interactuar cos obxectos na realidade.