Converge | |
---|---|
Orixe | Salem, Massachusetts, |
Período | 1990 - presente |
Xénero(s) | metalcore, hardcore punk, mathcore, grindcore |
Selo(s) discográfico(s) | Epitaph, Deathwish Inc., Hydra Head, Relapse, Equal Vision |
Membros | Jacob Bannon Kurt Ballou Nate Newton Ben Koller |
Antigos membros | Aaron Dalbec Jon DiGiorgio Damon Bellorado Stephen Brodsky Jeff Feinburg Erik Ralston |
Na rede | |
http://www.convergecult.com/ | |
Converge é unha banda estadounidense de hardcore punk procedente de Salem, Massachusetts e formada polo vocalista Jacob Bannon e o guitarrista Kurt Ballou no ano 1990.[1][2] Durante a gravación do seu seminal cuarto álbum Jane Doe, o grupo converteuse nun cuarteto coa saída do guitarrista Aaron Dalbec e a entrada do baixista Nate Newton e o batería Ben Koller. Esta formación permaneceu intacta dende entón. Converge publicou nove álbums de estudio, tres álbums ao vivo e numerosos EPs. O son da banda ten as súas raíces no hardcore punk e ten moitas influencias do heavy metal. Son considerados pioneiros do metalcore e do seu subxénero mathcore.[3]