No modelo:lixo hai unha advertencia ós administradores: "asegurádevos de que outras páxinas non ligan con esta". Non alcanzo o motivo: se hai que borra-la páxina, as que liguen con esta quedarán en vermello, efectivamente, pero non vexo o problema. Creo preferible que quede esa ligazón vermella a que quede un artigo obxectivamente borrable. A opción de reconstruí-lo artigo para mantelo (e así mante-la ligazón) é moi bonita pero pouco práctica, desde a perspectiva do administrador que ten que decidir se borra ou reconstrúe o artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 13:09, 28 febreiro 2010 (UTC)