Cooksonia Rango fósil: 433.4–393.3 Wenlock-Devoniano temperán[1][2] | |||||
---|---|---|---|---|---|
![]() Debuxo de Cooksonia, reconstruída con eixes non fotosintéticos, dependente do seu gametófito, como en Boyce (2008) | |||||
Clasificación científica | |||||
| |||||
Especie tipo | |||||
''Cooksonia pertoni'' Lang 1937 | |||||
Especies | |||||
|
Cooksonia é un grupo extinto de plantas terrestres primitivas, tratado como xénero, aínda que probablemente non sexa monofilético. As primeiras Cooksonia datan da metade do Silúrico (a época Wenlock);[1] o grupo seguiu sendo un importante compoñente da flora ata o final do Devoniano temperán, un período de tempo entre os 433 e os 393 millóns de anos. Aínda que os fósiles de Cooksonia están distribuídos globalmente, a maioría dos espécimes tipo proceden de Gran Bretaña, que foi onde se descubriron en 1937.[5] Cooksonia comprende as plantas coñecidas máis antigas que tiñan talo con tecido vascular e é así unha forma de transición entre as briófitas non vasculares primitivas e as plantas vasculares.[6]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Edwards1980
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Boyce2008
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome GonezGerrienne2010a
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome ortografía
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Lang1937