![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Tipo | premio ![]() |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo ![]() |
Localización e Datas | |
Vixencia | 2010 – ![]() |
A Copa Continental[1][2] (en ruso Кубок Континента, Kubok Kontinenta), tamén coñecida como Kontinental Cup,[3] é o trofeo outorgado ao equipo gañador da liga regular da Kontinental Hockey League (KHL), isto é, o equipo que consegue máis puntos ao finalizar a liga regular. Foi introducida na segunda tempada da competición. Anteriormente, o campión da primeira tempada era denominado simplemente gañador da liga regular. O nome do trofeo foi votado polos internautas que visitaron o sitio web da KHL. Outros nomes candidatos na votación eran: Leader Cup, Suvorov Cup, Peoples' Friendship Cup e «Our Game» Cup. Na votación participaron máis de 24.000. O nome Copa Continental recibiu o 58,57% dos votos (14.118 votos).[4]