Copa Davis

O Trofeo da Copa Davis, coñecido como A Ensaladeira.

A Copa Davis é unha competición internacional de tenis, organizada pola Federación Internacional de Tenis (ITF), na que compiten distintos países. Só participan homes; o equivalente para mulleres é a Fed Cup.

Os países compiten tendo en conta a súa calidade tenística e a súa localización xeográfica.

Cada rolda consiste en cinco partidos durante tres días, proclamándose vencedor aquel que obteña tres vitorias. O primeiro día enfróntanse os xogadores número un de cada país contra os números dous do rival, sorteándose a orde dos encontros, o segundo día xógase o partido de dobres e o último día xogan entre si os números un e despois os números dous. Non hai restrición a quen debe xogar o partido de dobres: os dous xogadores de individuais, outros dous xogadores (xeralmente, especialistas de dobres) ou unha combinación.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne