![]() ![]() | |
Tipo | competición futbolística ![]() |
---|---|
Deporte | fútbol ![]() |
Organizador | Confederación Sudamericana de Fútbol ![]() |
Liga inferior | Categoría Primeira A ![]() |
Número de participantes | 47 ![]() |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1960 – ![]() |
Calendario da tempada | xaneiro – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | SE Palmeiras (2021) ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | conmebollibertadores.com ![]() |
A CONMEBOL Libertadores[1][2] é a máxima competición continental de clubs de fútbol en Suramérica, organizada pola Confederación Suramericana de Fútbol, e que se disputa na primeira metade do ano dende 1960. Este torneo é o equivalente en Suramérica á Liga de Campións da UEFA en Europa.
O equipo con máis títulos da Copa Libertadores é o Independiente de Avellaneda con 7. O actual campión é o Palmeiras de São Paulo que gañou as edicións de 2020 e 2021, contra Santos e Flamengo respectivamente.[3]
O equipo gañador da Copa Libertadores acada o dereito a disputar a Recopa Suramericana e a representar á Conmebol na Copa Mundial de Clubs da FIFA.