Tipo | liga deportiva ![]() |
---|---|
Deporte | baloncesto ![]() |
Organizador | Federación Española de Baloncesto ![]() |
Número de participantes | 2 ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Vixencia | 1985 – ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | leboro.es ![]() |
A Copa do Princesa de Asturias é unha competición española de clubs de baloncesto, organizada pola Federación Española de Baloncesto (FEB). Sucesora da Copa da Asociación, cuxo único campión foi o Saski Baskonia, celebrou a súa primeira edición na tempada 1985-1986, cando a FEB asumiu a perda da organización da Copa do Rei, que pasara a ser responsabilidade da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) un par de anos antes. A FEB, que tamén deixara de organizar a liga, creou a Copa do Príncipe para manterse como responsable dunha competición de elite.
De 1986-1987 a 1990-1991 foi conquistada por equipos cataláns: tres veces polo Joventut de Badalona e unha polo F.C. Barcelona. Diversos problemas provocaron que se deixase de celebrar durante cinco anos. A Copa do Príncipe volveu disputarse a partir da temporaada 1996−1997. Desde entón, celébrase anualmente. Actualmente participan só equipos da Liga LEB Ouro. Os equipos máis laureados da competición, con tres títulos cada un, son o Joventut Badalona, o Club Melilla Baloncesto , o Club Baloncesto Breogán, o Palencia Baloncesto e o CB Estudiantes.
Na edición de 2022, disputada no WiZink Center de Madrid, batiuse o récord de asistencia á unha final da Copa da Princesa con 9 432 asistentes que presenciaron a vitoria do equipo local, o Movistar Estudiantes fronte o Covirán Granada (73-72), superando deste xeito o anterior rexistro de 7 200 persoas rexistrado en Sevilla en 2019.[1]