Nome na lingua orixinal | (es) Copa del Rey de baloncesto |
---|---|
Tipo | competición deportiva |
Deporte | baloncesto |
Organizador | Asociación de Clubs de Baloncesto |
Número de participantes | 8 |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1933 – |
Calendario da tempada | febreiro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Real Madrid Baloncesto (29º) (2024) |
Datos estatísticos | |
Máis títulos | Real Madrid Baloncesto (29) |
Outro | |
Páxina web oficial | acb.com |
A Copa do Rei de baloncesto (en castelán: Copa del Rey de Baloncesto) é unha competición de baloncesto que se disputa anualmente en España. Organizada nos seus inicios pola Federación Española de Baloncesto (FEB), desde 1983 a competición é organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB). O torneo comezou a xogarse co nome de Campionato de España, disputándose a súa primeira edición en 1933. Esta competición foi a primeira que enfrontaba a clubs de todo estados, xa que a Liga Nacional non foi creada até 1957, vinte e catro anos despois.
Actualmente disputan a competición oito equipos, sendo estes os sete mellores clasificados na Liga ACB ao final da primeira volta da competición xunto cun conxunto da cidade organizadora do torneo. O formato de competición é un sistema de final a oito a partido único. Tradicionalmente, o equipo gañador lograba ademais o dereito a inscribirse na seguinte edición da Recopa de Europa. Porén, actualmente a Copa non dá acceso a ningunha competición de carácter continental.