Copyleft | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Práctica |
Nomeado en referencia a | Dereito de autoría e Esquerda política |
Organización relacionada | Recursos educativos abertos |
[ editar datos en Wikidata ] |
Copyleft é a práctica de ofrecer o dereito a distribuír libremente copias e versións modificadas de obras coa única restrición de que as novas obras teñen que ter os mesmos dereitos de distribución. Así é que o copyleft defínese como a estratexia de emprego do copyright, ou leis de dereitos de autor, para fomentar a copia, difusión, modificación e mellora de traballo informático, literario ou artístico. Conta cun conxunto de licenzas copyleft que establecen os termos legais que se aplican ás obras derivadas das obras.[1][2]
As condicións do autor son, que no canto de prohibir a copia como se fai coas leis de dereito de autor, que cun copyleft establece baixo que termos se poden usar, facer a copias e modificar a súa obra, co requisito de que se manteñan sempre as mesmas condicións de emprego e difusión desas novas obras.[1][3]
As licenzas copyleft de software establecen que toda a información necesaria para reproducir e modificar a obra estea dispoñible para calquera usuario. Isto implica que ademais dos ficheiros binarios se ten que compartir o código fonte do software e a licenza cos seus termos e o recoñecemento aos autores. A GNU General Public License (GPL), escrita por Richard Stallman, foi a primeira licenza aberta e a que acadou un amplo uso.[4] A Creative Commons, unha organización sen ánimo de lucro fundada por Lawrence Lessig, ofrece unha licenza similar chamada share-alike (que significa comparte do mesmo xeito).[5] Na ciencia estanse a popularizar os proxectos de colaboración aberta, publicación dos datos e software asociados a investigación.[6][7][8]