Corda (instrumento)

Cordas de guitarra
Cordas de arpa
Cordas de piano

Unha corda é o elemento vibratorio orixinario do son nos instrumentos musicais de corda, tales como a guitarra, a arpa, o piano ou membros da familia dos violíns.

As cordas son segmentos formados por un material flexible que permanecen en tensión de modo que poidan vibrar libremente, sen entorpecemento que provocase unha distorsión da onda acústica.

As cordas poden ser lisas, que constan dun material único como aceiro, nailon, ouro ou tripas de animais; ou ben poden posuír un interior de seda, ou nailon e recubertas con fíos de aceiro, cobre, prata ou ouro no caso das das notas máis agudas do violín. Este recubrimento ten a misión de agregar certo peso e homoxeneidade na vibración de modo que a corda acade a altura sonora desexada, mentres a mantén o suficientemente delgada e flexible para tocar.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne