대한민국 (ko) | |||||
Himno | Aegukga (1948) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «홍익인간(弘益人間): 널리 인간을 이롭게 하라» «Koreyanızı xəyal edin» «Dychmyga dy Gorea» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Territorio reivindicado por | Corea do Norte | ||||
Capital | Seúl | ||||
Contén a división administrativa | Busan (1995–) Chungcheong do Norte (pt) (1948–) Chungcheong do Sul (pt) (1948–) Daegu (1995–) Daejeon (1995–) Gangwon (pt) (1948–) Gwangju (1995–) Gyeonggi (1948–) Gyeongsang do Norte (pt) (1948–) Gyeongsang do Sul (pt) (1948–) Incheon (1995–) Jeju (2006–) Jeolla do Norte (pt) (1948–) Jeolla do Sul (pt) (1948–) Sejong (pt) (2012–) Seúl (1949–) Ulsan (pt) (1995–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 51.466.201 (2017) (513,15 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua coreana lingua de sinais coreana | ||||
Relixión | protestantismo, budismo e catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 100.295 km² | ||||
Bañado por | Mar Amarelo, Namhae (en) , Mar do Xapón e Mar da China Oriental | ||||
Punto máis alto | Halla-san (1.947 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar do Xapón (−2.985 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 15 de agosto de 1948 | ||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Seollal (pt) (Lunar/Lunisolar New Year's Day (en) ) Samiljeol (en) (1 de marzo) Buddha's birthday (en) (8th day of the 4th month in the Chinese calendar (en) ) Children's day (en) (5 de maio) Memorial Day (en) (6 de xuño) Dia da Liberação da Coreia (pt) (15 de agosto) Chuseok (pt) (15th day of the 8th month of the Chinese lunar calendar (en) ) Gaecheonjeol (pt) (3 de outubro) Dia de Hangul (pt) (9 de outubro) Nadal (25 de decembro) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república presidencialismo | ||||
Órgano executivo | Goberno de Corea do Sur | ||||
• Presidente | Yoon Suk Yeol (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Nacional de Corea do Sur Circunscrición: 253, (Escano: 300) | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Korea (en) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 1.810.955.871.381 $ (2021) | ||||
Moeda | Won surcoreano | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .kr e .한국 | ||||
Prefixo telefónico | +82 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 119 e 113 | ||||
Código de país | KR | ||||
Sitio web | korea.go.kr… | ||||
Corea do Sur,[1] oficialmente República de Corea (coreano: Daehan Minguk listen (Hangul: 대한 민국; Hanja: 大韓民國), é un país asiático que ocupa a metade sur da Península de Corea.[2] O nome Corea deriva do Reino de Goryeo, tamén pronunciado Koryŏ. Comparte fronteira terrestre con Corea do Norte, e a través de mar, co Xapón polo leste e coa China polo oeste. Case a metade da poboación reside na área metropolitana da capital, Seúl, que é a segunda maior do mundo,[3][4] con máis de 25 millóns de habitantes.
Corea estivo habitada dende o período do paleolítico inferior[5] e a súa civilización comezou coa fundación do Gojoseon. Despois da unificación dos Tres reinos de Corea en 668, seguiu un milenio de relativa tranquilidade baixo dinastías que duraron séculos, e por un florecemento do comercio, a cultura, a literatura e a ciencia.[6] Foi anexionada polo Imperio do Xapón en 1910, e despois da súa derrota en 1945, Corea foi dividida nas zonas de ocupación da Unión Soviética e os Estados Unidos, converténdose a última na República de Corea en 1948. Malia que as Nacións Unidas declararon nunha resolución que a República era o único goberno lexítimo de Corea,[Cómpre referencia] un réxime comunista estableceuse no Norte, que invadiu o Sur en 1950 e comportou á Guerra de Corea, que rematou de facto en 1953.
Entre 1962 e 1994, o tigre económico de Corea do Sur medrou un 10% anual, alimentado por un crecemento anual das exportacións do 20%,[7] nun período chamado Milagre do Río Han que transformou o país nunha economía avanzada e de altos ingresos e na onceava maior do mundo en 1995. Na actualidade,[cando?] Corea do Sur é o oitavo país en comercio internacional,[8] unha potencia rexional co décimo maior gasto en defensa militar e membro fundador do G20 e da Cooperación Económica Asia-Pacífico.[9] Dende a caída do goberno militar en 1987, os surcoreanos gozan de amplas liberdades civís e dunha asentada democracia clasificada no segundo posto en Asia segundo o Índice de democracia.[10] No 2009, Corea do Sur converteuse no primeiro país do mundo antigo receptor de axuda exterior en unirse ó Comité de Axuda ó Desenvolvemento da OCDE, sendo un dos grandes doantes.[7] A súa cultura popular ten unha considerable influencia en Asia e está a estenderse globalmente nun proceso chamado a Onda coreana.[11]
Corea do Sur é un país desenvolvido, clasificado no posto 15 no Índice de Desenvolvemento Humano, o máis alto de Asia oriental. En termos de salario medio, ten a taxa máis alta de Asia e a décima do mundo.[12] Posúe indicadores altos en educación, saúde, xustiza e goberno, facilidade de crear negocios, transparencia do goberno, seguridade no traballo, tolerancia e inclusión. O 64% dos surcoreanos entre 25 e 34 anos ten un título de educación terciaria, o máis alto da OCDE. Destina o 3,74% do seu PIB en investigación e desenvolvemento, o segundo máis alto do mundo. O país máis innovador do mundo segundo Bloomberg Innovation Quotient,[13] é o sétimo exportador mundial,[8] con multinacionais de alta como Samsung, Hyundai-Kia e LG. É o líder global de tecnoloxías avanzadas, coa máis alta velocidade de conexión a Internet, no primeiro posto do Índice ICT de desenvolvemento, e-Government e penetración de 4G LTE, e o segundo con maior penetración do teléfono intelixente.