대한민국 (ko) ![]() | |||||
Himno | Aegukga (1948) ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «홍익인간(弘益人間): 널리 인간을 이롭게 하라» «Koreyanızı xəyal edin» «Dychmyga dy Gorea» ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Territorio reivindicado por | Corea do Norte ![]() | ||||
Capital | Seúl ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Busan (1995–) Chungcheong do Norte (pt) ![]() Chungcheong do Sul (pt) ![]() Daegu (1995–) Daejeon (1995–) Gangwon (pt) ![]() Gwangju (1995–) Gyeonggi (1948–) Gyeongsang do Norte (pt) ![]() Gyeongsang do Sul (pt) ![]() Incheon (1995–) Jeju (2006–) Jeolla do Norte (pt) ![]() Jeolla do Sul (pt) ![]() Sejong (pt) ![]() Seúl (1949–) Ulsan (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 51.466.201 (2017) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua coreana lingua de sinais coreana ![]() | ||||
Relixión | protestantismo, budismo e catolicismo ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 100.295 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Amarelo, Namhae (en) ![]() ![]() | ||||
Punto máis alto | Halla-san (1.947 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | Mar do Xapón (−2.985 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 15 de agosto de 1948 ![]() | ||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Seollal (pt) ![]() ![]() Samiljeol (en) ![]() Buddha's birthday (en) ![]() ![]() Children's day (en) ![]() Memorial Day (en) ![]() Dia da Liberação da Coreia (pt) ![]() Chuseok (pt) ![]() ![]() Gaecheonjeol (pt) ![]() Dia de Hangul (pt) ![]() Nadal (25 de decembro) ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república presidencialismo ![]() | ||||
Órgano executivo | Goberno de Corea do Sur ![]() | ||||
• Presidente ![]() | Yoon Suk Yeol (2022–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Nacional de Corea do Sur Circunscrición: 253, (Escano: 300) ![]() | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Korea (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 1.810.955.871.381 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | Won surcoreano ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .kr e .한국 ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +82 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 119 e 113 ![]() | ||||
Código de país | KR ![]() | ||||
Sitio web | korea.go.kr… ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() |
Corea do Sur,[1] oficialmente República de Corea (coreano: Daehan Minguk listen (Hangul: 대한 민국; Hanja: 大韓民國), é un país asiático que ocupa a metade sur da Península de Corea.[2] O nome Corea deriva do Reino de Goryeo, tamén pronunciado Koryŏ. Comparte fronteira terrestre con Corea do Norte, e a través de mar, co Xapón polo leste e coa China polo oeste. Case a metade da poboación reside na área metropolitana da capital, Seúl, que é a segunda maior do mundo,[3][4] con máis de 25 millóns de habitantes.
Corea estivo habitada dende o período do paleolítico inferior[5] e a súa civilización comezou coa fundación do Gojoseon. Despois da unificación dos Tres reinos de Corea en 668, seguiu un milenio de relativa tranquilidade baixo dinastías que duraron séculos, e por un florecemento do comercio, a cultura, a literatura e a ciencia.[6] Foi anexionada polo Imperio do Xapón en 1910, e despois da súa derrota en 1945, Corea foi dividida nas zonas de ocupación da Unión Soviética e os Estados Unidos, converténdose a última na República de Corea en 1948. Malia que as Nacións Unidas declararon nunha resolución que a República era o único goberno lexítimo de Corea,[Cómpre referencia] un réxime comunista estableceuse no Norte, que invadiu o Sur en 1950 e comportou á Guerra de Corea, que rematou de facto en 1953.
Entre 1962 e 1994, o tigre económico de Corea do Sur medrou un 10% anual, alimentado por un crecemento anual das exportacións do 20%,[7] nun período chamado Milagre do Río Han que transformou o país nunha economía avanzada e de altos ingresos e na onceava maior do mundo en 1995. Na actualidade,[cando?] Corea do Sur é o oitavo país en comercio internacional,[8] unha potencia rexional co décimo maior gasto en defensa militar e membro fundador do G20 e da Cooperación Económica Asia-Pacífico.[9] Dende a caída do goberno militar en 1987, os surcoreanos gozan de amplas liberdades civís e dunha asentada democracia clasificada no segundo posto en Asia segundo o Índice de democracia.[10] No 2009, Corea do Sur converteuse no primeiro país do mundo antigo receptor de axuda exterior en unirse ó Comité de Axuda ó Desenvolvemento da OCDE, sendo un dos grandes doantes.[7] A súa cultura popular ten unha considerable influencia en Asia e está a estenderse globalmente nun proceso chamado a Onda coreana.[11]
Corea do Sur é un país desenvolvido, clasificado no posto 15 no Índice de Desenvolvemento Humano, o máis alto de Asia oriental. En termos de salario medio, ten a taxa máis alta de Asia e a décima do mundo.[12] Posúe indicadores altos en educación, saúde, xustiza e goberno, facilidade de crear negocios, transparencia do goberno, seguridade no traballo, tolerancia e inclusión. O 64% dos surcoreanos entre 25 e 34 anos ten un título de educación terciaria, o máis alto da OCDE. Destina o 3,74% do seu PIB en investigación e desenvolvemento, o segundo máis alto do mundo. O país máis innovador do mundo segundo Bloomberg Innovation Quotient,[13] é o sétimo exportador mundial,[8] con multinacionais de alta como Samsung, Hyundai-Kia e LG. É o líder global de tecnoloxías avanzadas, coa máis alta velocidade de conexión a Internet, no primeiro posto do Índice ICT de desenvolvemento, e-Government e penetración de 4G LTE, e o segundo con maior penetración do teléfono intelixente.