Coresma

Coresma

Tipoépoca no ano litúrxico Editar o valor en Wikidata
Subclaseano litúrxico e xaxún cristián Editar o valor en Wikidata
Data
Duración40 Editar o valor en Wikidata
Composto por
Mércores de Cinsa, Semana Santa, Laetare, primeiro domingo de coresma, Triduo Pascual, segundo domingo de coresma, terceiro domingo de coresma, Domingo de Paixón e Domingo de Ramos Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Wikidata ]
Representación da Coresma nunha festa de Entroido.

A coresma (da expresión latina quadragesima dies 'día cuadraxésimo')[1] son os corenta días de tempo litúrxico que observan a maioría das igrexas cristiás, antes da Pascua. Os corenta días representan o tempo que Xesús pasou no deserto, onde, segundo a Biblia, resistiu a tentación de Satanás; o obxectivo que se procura é establecer un período de reflexión e penitencia para que os cristiáns poidan preparase para a celebración pascual.

Nos primeiros anos do cristianismo, a duración da Coresma variaba, arredor do século IV estableceuse a súa duración en 40 días. Nos séculos VI e VII o xaxún adquiriu grande importancia como práctica coresmal, como os domingos non se podía facer xaxún por ser día de festa no século VII engadíronse catro días máis á coresma, antes do primeiro domingo, para imitar o xaxún de Cristo no deserto, polo tanto o comezo da Coresma quedou establecido no Mércores de Cinsa na igrexa occidental mentres na oriental comezaba un luns. Na actualidade o mantemento da práctica do xaxún relaxouse en moitas igrexas cristiáns, así na Igrexa Católica de rito latino só é obrigatoria a abstinencia o venres de coresma, pero na Idade Media era común a prohibición de comer carne e ovos e manter relacións sexuais; nas igrexas ortodoxas e na maioría das católicas de rito oriental a práctica da abstinencia mantense con máis forza.

  1. "Coresma". Portal das Palabras. Consultado o 6 de maio do 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne