Cork (en) Corcaigh (ga) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Irlanda | ||||
Provincias | Munster | ||||
Condados | Condado de Cork ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 222.333 (2022) ![]() | ||||
Lingua usada | lingua irlandesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 37,3 km² ![]() | ||||
Altitude | 0 m ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Finbarr of Cork (en) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | office of the Lord Mayor of Cork (en) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | legislative body of Cork City Council (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | T12, T21 and T23 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 021 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Colonia Swansea Coventry (1969–) Rennes (1982–) San Francisco (1984–) Kaliningrado (1994–) Shanghai (2005–) ![]() | ||||
Sitio web | corkcity.ie ![]() | ||||
![]() |
Cork (en inglés) ou Corcaigh (en gaélico irlandés) é a segunda cidade máis importante da República de Irlanda. A cidade máis importante e o centro administrativo do Condado de Cork e a cidade máis grande da provincia de Munster.
O río Lee pasa polo medio da cidade, formando unha pequena illa onde se atopa o centro da cidade antes de que o Lee desemboque no lago Mahon e este no dique de Cork, un dos diques naturais máis longos do mundo. A cidade é un dos máis importantes portos marítimos de Irlanda, con embarcadoiros e peiraos ao longo da beira do río Lee na parte leste da cidade. A cidade en si ten 123.062 habitantes, aumentando a 186.239 se engadimos a xente que vive nos arrabaldes. O condado, excluíndo a cidade, ten un total de 326.767 habitantes (CSO 2002).
O nome da cidade deriva da verba irlandesa corcach que significa "zona pantanosa", en relación coa súa situación respecto o río Lee. Cork ten reputación de independente desde os tempos das invasións viquingas até a Guerra Civil irlandesa, que lle acadou o sobrenome de "condado rebelde". Hai moita xente de Cork que se refire a cidade como a "verdadeira capital irlandesa". (Dublín estivo baixo dominio estranxeiro a maior parte da súa historia).