Cornwall (en) Kernow (kw) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Inglaterra | ||||
Rexións | Suroeste de Inglaterra | ||||
Capital | Truro | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 575.525 (2020) (161,53 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua córnica lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 3.563 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Código NUTS | UKK30 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Coventry (1972–) | ||||
Área de Salientable Beleza Natural | |||||
Sitio web | cornwall.gov.uk |
Cornualla[1][2], Cornualles,[3] ou Cornualle[4] (en inglés: Cornwall; en córnico: Kernow) é un condado administrativo e cerimonial, que ocupa parte da península do mesmo nome, no extremo suroccidental de Inglaterra. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como unha minoría nacional polo Reino Unido desde o 24 de abril de 2014[5]. As súas costas, moi recortadas, son bañadas polo mar Céltico ó norte e oeste e polo canal da Mancha ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á Fisterra galega ou á Finistère bretoa.
O tamén coñecido como país do estaño está ó oeste do condado de Devon, co río Tamar como fronteira entre ambos. As estradas principais de comunicación co resto da illa de Gran Bretaña son a A38 —que cruza o Tamar en Plymouth grazas á ponte do Tamar— e a A30 —que cruza a fronteira polo sur de Launceston—. Un transbordador tamén une Plymouth coa cidade de Torpoint ó outro lado do Hamoaze. Unha ponte ferroviaria (a Royal Albert Bridge), construída por Brunel en 1859, completa a outra gran vía de transporte.
As illas Scilly están asociadas a Cornualla.
Cornualla é tamén un ducado pertencente á coroa británica que ten asociado o título de Duque de Cornualla, correspondente ao herdeiro do rei.[6] O moderno ducado é propietario do 2% do territorio, así como doutras grandes áreas ó longo de Gran Bretaña. Entre 2005 e 2022, o título gañou notoriedade por ser empregado de xeito preferente por Camila do Reino Unido logo da súa voda co príncipe de Gales, Carlos de Inglaterra.