Cosgrove Hall Films é unha compañía de animación británica fundada como Cosgrove Hall Productions en 1976 [1] por Mark Hall e Brian Cosgrove, na práctica era unha filial de Thames Televisión[2], cando esta perdeu a licenza en 1993, pasou a depender de Anglia Television e mudou de nome para o actual nome xa como propiedade da ITV. Foi un dos maiores produtores de programas infantís do mundo[3]. O 30 de xaneiro de 2009 pechou o estudio de animación e trasladou o persoal restante a unha oficina de Granada Television [4].