Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid ![]() | ||||
Capital | Coslada ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 80.760 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 12,1 km² ![]() | ||||
Altitude | 621 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Ángel Viveros Gutiérrez (2015–) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 28821, 28822 e 28823 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 28049 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | ayto-coslada.es ![]() |
Coslada é un municipio pertencente á Comunidade de Madrid. Pertence á comarca do Corredor del Henares e a súa proximidade a Madrid fai que se encadre na área de influencia da capital, aínda que Coslada sempre se configurou como unha cidade independente.
En Coslada está situado o Porto Seco da Comunidade de Madrid, o que a converte nun punto estratéxico. A maioría das empresas de transporte de mercancías importantes que operan en España teñen sucursal en Coslada. O outro grande activo económico de Coslada é a súa proximidade co Aeroporto Internacional de Barajas, onde traballa gran parte da súa poboación.
A poboación actual é de 91.906 habitantes (INE 2006) e o seu teito demográfico está cifrado en 130.000 habitantes, o cal probablemente alcanzará trala finalización do barrio do Jarama. Trátase dun municipio cosmopolita onde están censados máis de 15.000 estranxeiros, os cales supoñen actualmente un 12% da poboación censada.