(es) Costa del Sol ![]() | ||||
Tipo | Costa rexión turística destino turístico ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Provincia de Málaga, España ![]() | |||
| ||||
Sitio web | visitcostadelsol.com ![]() | |||
A Costa do Sol (en castelán: Costa del Sol) é unha rexión costeira da provincia de Málaga en Andalucía. É a principal industria económica da provincia e unha das zonas turísticas máis importantes de España.
A área limítase ao leste pola provincia de Granada e ao oeste coa provincia de Cádiz, ao longo de máis de 150 km de costa mediterránea.
Con frecuencia adoita dicirse que a provincia de Málaga no seu conxunto é un pequeno continente. De feito, o visitante comprobará nos seus desprazamentos polas distintas zonas, que nas súas 7.456 quilómetros cadrados (curiosamente a menos extensa de Andalucía) alberga todas as paisaxes posibles, os máis variados contrastes, a máis completa rede de establecementos hostaleiros e, polo tanto, unha oferta turística practicamente ilimitada.
Málaga goza dun extraordinario clima (coñecido mundialmente), cunha temperatura media ao ano de 22 °C e con máis de 300 días de sol ao ano. A provincia consta de 101 municipios e o litoral costasoleño abarca desde o municipio de Manilva ata Nerja.
Nos anos 1950 comezou o auxe do turismo internacional e desde entón é un destino popular para estranxeiros, principalmente para británicos, alemáns, escandinavos e franceses. Clara consecuencia disto é o espectacular crecemento económico e demográfico de toda a comarca.
Está constituído por dúas comarcas: a Costa do Sol Occidental e a Costa do Sol Oriental, sendo a capital e centro de ambas a cidade de Málaga.
Dispón dunha gran oferta de prazas hostaleiras e de lecer, tanto de "Sol e Praia", como rural, máis de 70 campos de golf, tres parques zoolóxicos, un parque de atraccións (Tivoli World) etc.