Country rock | |
---|---|
, e | |
Orixe musical | folk rock, country, country folk, rockabilly |
Orixe cultural | finais dos 60 no sur e no oeste dos Estados Unidos |
Instrumentos típicos | guitarra, piano, batería, baixo |
Derivados | roots rock - southern rock - heartland rock - cowpunk - country alternativo |
O country rock é un subxénero da música country formado da fusión desta co rock. O termo adoita a usarse para referirse á corrente de músicos de rock que comezou a gravar discos con sabor a country a finais dos anos 60 e comezos dos 70. Estes músicos gravaron discos de rock usando temas, estilos vocais e instrumentación adicional country, destacando o uso de guitarras pedal steel.[1]
O country rock comezou con artists como Buffalo Springfield, Michael Nesmith, Bob Dylan, Nitty Gritty Dirt Band, The Byrds, The Flying Burrito Brothers ou The International Submarine Band,[2][3] acadando a súa maior popularidade nos anos 70 con artistas como Emmylou Harris, Eagles, The New Riders of the Purple Sage, Linda Ronstadt, Poco, Charlie Daniels Band, e Pure Prairie League.
O xénero tamén influenciou a artistas doutros estilos, como The Band, The Grateful Dead, Creedence Clearwater Revival, The Rolling Stones, ou o traballo en solitario de George Harrison,[1] ademais de ser parte do desenvolvemento do rock sureño.