Creatina quinase | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Estruturas dispoñibles | |||
PDB | |||
Identificadores | |||
Identificadores externos | Bases de datos de encimas
| ||
Número EC | 2.7.3.2 | ||
Número CAS | 9001-15-4 | ||
Ortólogos | |||
Especies |
| ||
PubMed (Busca) |
| ||
PMC (Busca) |
|
A creatina quinase (CK), tamén chamada creatina fosfoquinase (CPK) ou fosfocreatina quinase, é un encima (EC 2.7.3.2) expresado en varios trcidos e tipos celulares. A CK cataliza a conversión de creatina e utiliza adenosín trifosfato (ATP) para crear fosfocreatina (PCr) e adenosín difosfato (ADP). Esta reacción encimática da CK é reversible, polo que pode xerarse ATP a partir de fosfocreatina e ADP.
En tecidos e células que consomen ATP rapidamente, especialmente o músculo esquelético, pero tamén o cerebro, células fotorreceptoras da retina, células ciliadas do oído interno, espermatozoides e músculo liso, a fosfocreatina (PCr) serve como reservorio de enerxía para un rápido tamponamento e rexeneración do ATP in situ, así como para o transporte de enerxía intracelular pola lanzadeira ou circuíto da fosfocreatina.[2] Así, a creatina quinase é un importante encima en ditos tecidos.[3]
Clinicamente, a creatina quinase utilízase para facer probas nas análises de sangue como marcador de danos en tecidos ricos en CK como os afectados por infarto de miocardio, rabdomiólise (grave degradación muscular), distrofia muscular, miosítidos autoinmunes, e insuficiencia renal aguda.[4]