"Creep" | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Radiohead | |||||
do álbum 'Pablo Honey' | |||||
Lanzamento | setembro de 1992 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 1992 | ||||
Xénero musical | rock alternativo | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 3:59 | ||||
Discográfica | Parlophone, EMI | ||||
Produtor(es) | Sean Slade e Paul Q. Kolderie | ||||
Escritor(es) | Thom Yorke, Albert Hammond e Mike Hazlewood | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Creep" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, editada como o seu sinxelo de estrea en setembro de 1992. Posteriormente apareceu no seu primeiro álbum Pablo Honey. "Creep" é un dos temas máis coñecidos da banda, e ten sido usado en varios medios ademais de ser versionada por un feixe de artistas.
Durante a súa edición inicial "Creep" non foi un éxito nas listas. Porén, coa súa reedición en 1993 converteuse nun éxito en todo o mundo. Os asistentes aos primeiros concertos de Radiohead adoitaban a amosar pouco interese polos outros temas do grupo, causando que a banda reaccionase en contra de "Creep" e a tocasen con menos frecuencia de mediados a finais dos 90. En 1998, na metade da súa xira do OK Computer, a banda eliminou a canción de todos os seus setlists. "Creep" non foi tocada ao vivo novamente ata o ano 2001, e dende entón reapareceu varias veces nos seus concertos.