Biografía | |
---|---|
King of Corinth (en) ![]() | |
![]() | |
Familia | |
Cónxuxe | Merope ![]() |
Fillos | Creúsa, Hippotes ![]() |
Pai | Lycaethus ![]() |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Encyclopædia Britannica ![]() |
Na mitoloxía grega, Creonte foi un rei de Corinto. Era fillo de Licáeto.
Recibiu para o seu coidado os dous fillos de Alcmeón e Manto, filla do adiviño Tiresias: Anfíloco e Tisífone. Alcmeón confiounos a Creonte cando tivo que dirixir a guerra dos Epígonos, fillos dos capitáns mortos na Guerra contra Tebas. Nesta ocasión, Alcmeón e os seus soldados arxivos lograron conquistar a cidade.
Pero a esposa de Creonte estaba celosa da beleza de Tisífone e decidiu desfacerse dela, vendéndoa como escrava. Comprouna o propio Alcmeón (o seu pai), sen decatarse de quén era, aínda que non chegou a cometer incesto con ela [1].
Por outra banda, Creonte acolleu en Corinto a Xasón e a súa esposa, a feiticeira Medea, cando foron expulsados de Iolco [2]. Ó cabo de dez anos, Xasón namorouse da filla de Creonte, chamada Glauce ou Creúsa, e o rei decidiu casalos. Para poder casar, Xasón repudiou a Medea, á que prometera amor eterno, e esta vingouse.
Medea creou un vestido como regalo de vodas para Glauce [3] e esta aceptouno sen sospeitar nada. Pero cando se vestiu con el, morreu devorada por un intenso lume,[4] que tamén matou o pai, Creonte, que acudiu a socorrela. Outra versión conta que Medea plantou lume ó palacio, provocando a morte de Creonte e a da filla no incendio, xunto a tódolos hóspedes. Xasón salvouse saltando por unha ventá [5]
"O rei de Corinto, Creonte, prometeu en matrimonio á súa filla Glauce a Xasón, quen a desposou tras repudiar a Medea. Pero esta... enviou á desposada un peplo impregnado en veleno, polo que, en canto o puxo, foi abrasada por violento lume xunto ó pai, que trataba de auxiliala".(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 9, 28)