As criaturas das antas son seres semellantes a espectros no mundo da Terra Media de J. R. R. Tolkien. N’O Señor dos Aneis, os catro hobbits son apreixados por unha criatura das antas, e conseguen escapar con vida de milagre; como contrapartida polo transo, fanse cunhas espadas moi antigas forxadas no Lado Oeste.
Tolkien tirou a idea das criaturas das antas da mitoloxía nórdica, na que heroes de varias sagas combaten mortos viventes denominados draugrs. Os académicos tamén poñen de relevo unha analoxía entre a disolución do meigalllo da criatura das antas e a derradeira batalla de Beowulf, onde se entra no túmulo do dragón e se desfai o feitizo que encantaba o tesouro. As criaturas das Antas non aparecen na triloxía cinematográfica de Peter Jackson, pero si en videoxogos ambientados na Terra Media de Tolkien.