Crocodyloidea Rango fósil: Cretáceo tardío - Actual (desde hai 83,5 millóns de anos) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Crocodylus niloticus (crocodilo do Nilo) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subgrupos | |||||||||||
Crocodyloidea (crocodiloideos) é unha superfamilia de crocodilianos que evolucionaron no Cretáceo tardío. En termos da cladística, defínense como o grupo que inclúe Crocodylus niloticus (o crocodilo do Nilo) e todos os crocodilianos máis estreitamente relacionados con C. niloticus que con Alligator mississippiensis (o aligátor do Mississippi) ou con Gavialis gangeticus (o gavial).[1]