Cromosoma 5

Cromosoma 5 humano
Cromosomas do par 5 humano con bandeado G. En cada individuo un cromosoma do par procede da nai e o outro do pai.
Cromosomas do par 5
nun cariograma humano masculino.
Características
Lonxitude (bp)181,538,259 bp
(GRCh38)[1]
No. de xenes839 (CCDS)[2]
TipoAutosoma
Posición do centrómeroSubmetacéntrico[3]
(48.8 Mbp[4])
Lista completa de xenes
CCDSLista de xenes
HGNCLista de xenes
UniProtLista de xenes
NCBILista de xenes
Visores de mapa externos
EnsemblCromosoma 5
EntrezCromosoma 5
NCBICromosoma 5
UCSCCromosoma 5
Secuencias de ADN completas
RefSeqNC_000005 (FASTA)
GenBankCM000667 (FASTA)

O cromosoma 5 humano é un cromosoma pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. Igual cós demais cromosomas (agás o X e Y nos homes), as células haploides teñen un só cromosoma 5, e as diploides teñen dous (un par). Pola posición do seu centrómero considérase un cromosoma submetacéntrico. O cromosoma 5 contén uns 181 millóns de pares de bases, e representa o 6% do total do ADN da célula. O cromosoma 5 é un dos cromosomas humanos máis longos, pero é un dos que ten unha densidade de xenes menor. Isto pode explicarse en parte polas numerosas rexións pobres en xenes que presentan un alto grao de ADN non codificante e conservación sinténica con vertebrados non mamíferos, o que suxire que están funcionalmente restrinxidos.[5]

A determinación dos xenes dun cromosoma depende do método utilizado, polo que as estimacións varían segundo o método utilizado. Pénsase que o cromosoma 5 probablemente contén entre 900 e 1.300 xenes.

  1. "Human Genome Assembly GRCh38 - Genome Reference Consortium". National Center for Biotechnology Information (en inglés). 2013-12-24. Consultado o 2017-03-04. 
  2. "Search results - 5[CHR] AND "Homo sapiens"[Organism] AND ("has ccds"[Properties] AND alive[prop]) - Gene". NCBI. CCDS Release 20 for Homo sapiens. 2016-09-08. Consultado o 2017-05-28. 
  3. Tom Strachan; Andrew Read (2 April 2010). Human Molecular Genetics. Garland Science. p. 45. ISBN 978-1-136-84407-2. 
  4. Genome Decoration Page, NCBI. Ideogram data for Homo sapiens (850 bphs, Assembly GRCh38.p3). Última actualización 2014-06-03. Consultado o 2017-04-26.
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 13 de abril de 2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne