Cromosoma 12 humano | |
---|---|
![]() Cromosomas do par 12 humano con bandeado G. En cada individuo un dos cromosomas deste par procede da nai e o outro do pai. | |
![]() Cromosomas do par 12 nun cariograma humano masculino. | |
Características | |
Lonxitude (bp) | 133,275,309 bp (GRCh38)[1] |
No. de xenes | 988 (CCDS)[2] |
Tipo | Autosoma |
Posición do centrómero | Submetacéntrico[3] (35.5 Mbp[4]) |
Lista completa de xenes | |
CCDS | Lista de xenes |
HGNC | Lista de xenes |
UniProt | Lista de xenes |
NCBI | Lista de xenes |
Visores de mapa externos | |
Ensembl | Cromosoma 12 |
Entrez | Cromosoma 12 |
NCBI | Cromosoma 12 |
UCSC | Cromosoma 12 |
Secuencias de ADN completas | |
RefSeq | NC_000012 (FASTA) |
GenBank | CM000674 (FASTA) |
O cromosoma 12 humano é un cromosoma pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. Nas células diploides temos dúas copias deste cromosoma e nas haploides un. É un cromosoma autosómico que pola posición do seu centrómero é un cromosoma submetacéntrico. O cromosoma 12 contén 143 millóns de pares de bases e isto supón entre o 4 e o 4,5 % do total do ADN da célula.
Identificar os xenes que hai nun cromosoma é unha área activa da investigación xenética na que se utilizan diversos métodos, que poden dar lugar a cifras distintas. Estímase que o cromosoma 12 probablemente contén entre 1.000 e 1.300 xenes. Contén o clúster de xenes Homeobox C.