![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
A Cruz da Vitoria é unha crux gemmata, ou cruz enxoiada, feita no castelo de Gauzón que se atopa na Cámara Santa da Catedral de Oviedo. Afonso III (866-910) doouna á Catedral de San Salvador de Oviedo no ano 908, segundo consta nunha inscrición colocada no reverso da cruz. É o principal símbolo representativo de Asturias, ao figurar tanto na súa bandeira como no seu escudo dende decembro de 1990.
En 2010 un estudo de radiocarbono datou a cruz de madeira interior no século IX, suponse que pouco antes de cando se fixo o recubrimento enxoiado exterior.[1]