Cruzando a escuridade | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Crossing Guard |
Director | Sean Penn |
Produtor | Sean Penn David S. Hamburger |
Guión | Sean Penn |
Intérpretes | Jack Nicholson David Morse Robin Wright Anjelica Huston |
Música | Jack Nitzsche |
Fotografía | Vilmos Zsigmond |
Montaxe | Jay Cassidy |
Distribuidora | Miramax Films |
Estrea | 16 de novembro de 1995 19 de febreiro de 2000 (TVG) |
Duración | 111 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | 9 millóns de dólares |
Recadación | 868 979 dólares |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/the-crossing-guard | |
Cruzando a escuridade (en inglés: The Crossing Guard) é un filme estadounidense de 1995 coproducido, escrito e dirixido por Sean Penn. Está protagonizado por Jack Nicholson, David Morse, Robin Wright e Anjelica Huston. Foi o derradeiro filme con banda sonora de Jack Nitzsche. Conta a historia de Freddy Gale, un home que foi atormentado durante máis de cinco anos pola morte da súa filla nun accidente automobilístico. Cando se entera de que o responsábel da súa morte vai saír do cárcere, decide buscar vinganza.
O filme estreouse o 16 de novembro de 1995, e recibiu polo xeral valoracións positivas. Malia as boas críticas, foi un fracaso comercial, recadando só 869 000 dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 9 millóns de dólares.
Estreouse en galego o 19 de febreiro de 2000 na TVG.[1]