Cryptosporidium parvum

Cryptosporidium parvum

Imaxe de inmunofluorescencia de ooquistes de C. parvum.
Clasificación científica
Reino: Chromalveolata
Filo: Apicomplexa
Clase: Conoidasida
Subclase: Coccidiasina
Orde: Eucoccidiorida
Familia: Cryptosporidiidae
Xénero: Cryptosporidium
Especie: C. parvum
Nome binomial
'Cryptosporidium parvum'

Cryptosporidium parvum é unha especie de protozoos apicomplexos causante da enfermidade gastrointestinal de mamíferos chamada criptosporodiose, que pode ser orixinada tamén por outras especies.

Os síntomas primarios da infección por C. parvum son unha diarrea aguda acuosa sen sangue. A infección é especialmente perigosa en pacientes inmunocomprometidos nos que a diarrea pode chegar a un fluxo de 10–15 L diarios. Outros síntomas poden ser a anorexia, náuseas/vómitos e dor abdominal. En áreas fóra do intestino como os pulmóns, fígado e vesícula biliar pode causr, respectivamente, criptosporodiose respiratoria, hepatite e colecistite.[1][2][3]

A infección é causada pola inxestión de ooquistes esporulados transmitidos pola ruta fecal-oral. Nos hóspedes humanos con boa saúde, a dose media infectiva é de 132 ooquistes.[4] O ciclo de vida xeral que presenta C. parvum é compartido polos outros membros do xénero. A patoloxía observada na enfermidade está causada pola invasión de esporozoítos e merozoítos do parasito da parte apical dos enterocitos do íleo, o que dana as microvilosidades.[1].

A infección é xeralmente de duración limitada nas persoas inmunocompetentes, pero nas inmunocomprometidas, como os que teñen SIDA ou están sometidos a terapias inmunosupresoras, a infección pode ser persistente e causar fortes deshidratacións e en certos casos a morte.

  1. 1,0 1,1 Ryan, Kenneth J.; Ray, C. George (2004). Sherris Medical Microbiology: An Introduction to Infectious Disease (4th ed.). New York: McGraw-Hill. pp. 727–730.
  2. CDC - Cryptosporidium
  3. ”Cryptosporidiosis.” Laboratory Identification of Parasites of Public Health Concern. CDC. 5 Sept 2007. <http://www.dpd.cdc.gov/dpdx/HTML/Cryptosporidiosis.htm Arquivado 15 de novembro de 2013 en Wayback Machine.>
  4. DuPont HL, Chappell CL, Sterling CR, Okhuysen PC, Rose JB, Jakubowski W (March 1995). "The infectivity of Cryptosporidium parvum in healthy volunteers". N. Engl. J. Med. 332 (13): 855–9. PMID 7870140. doi:10.1056/NEJM199503303321304. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne