Cuadrilla de Agurain

Modelo:Xeografía políticaCuadrilla de Agurain

Localización
Mapa
 42°51′49″N 2°27′31″O / 42.86351, -2.45863
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaÁraba Editar o valor en Wikidata

A Cuadrilla de Agurain (en éuscaro: Aguraingo Eskualdea) é unha das sete comarcas ou cuadrillas do territorio histórico de Áraba, no País Vasco. Sitúase no nordés da provincia e ocupa a metade oriental dun amplo val coñecido como a Llanada Alavesa.

Trátase dunha comarca de forte carácter agrario (cereais, pataca, remolacha) constituída por máis de 60 aldeas de pequeno tamaño (cada unha delas da orde dunhas decenas de habitantes). Estas aldeas agrúpanse formando os 8 municipios da comarca. As vilas de Araia e Dulantzi son algo maiores, xa que superan os mil habitantes e posúen algo de industria. A capital e principal poboación é a vila de Agurain; antigo centro comercial contorna ao que gravitaba a comarca, que tamén conta con algo de industria. A comarca está crecendo na actualidade en poboación, xa que os seus principais núcleos de poboación (especialmente Agurain e Dulantzi) están crecendo pola chegada de xente procedente da cidade de Vitoria. Conta cunha poboación de 12.189 habitantes (2010).


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne