Cultura castrexa | |
Castro de Viladonga. | |
Historia | Historia de Galicia |
Cronoloxía | Cronoloxía de Galicia |
Categoría | Historia de Galicia |
Prehistoria | |
Prehistoria de Galicia Megalitismo en Galicia Idade de Bronce en Galicia Idade do bronce atlántico Idade de Ferro en Galicia Cultura castrexa |
A cultura castrexa é unha cultura arqueolóxica do noroeste da Península Ibérica que abranguía as rexións de Galicia, Asturias, norte e centro de Portugal e oeste de León que durou dende os séculos XI ou VI a. C. ata a romanización dos galaicos cara o século I. É a cultura arqueolóxica asociada cos pobos galaicos e ástures.
A manifestación máis característica desta cultura é o castro (do latín castrum do que toma o nome), as súas oppidum amuralladas e a produción de espadas, machadas, torques e outros bens de bronce xa dende a Idade do bronce atlántico.[1] A área cultural estendíase cara ao leste ata o río Cares e cara ao sur ata o baixo val do río Douro, tendo como núcleo os vales do río Ave, do río Limia e do río Miño.