O curso legal é unha providencia de política económica que un país adopta no sentido de tornar obrigatoria a aceptación do seu propio papel moeda, creando así a moeda de curso legal, que é emitida con exclusividade polo banco central; a tal moeda é basicamente un título de crédito garantido pola confianza que o mesmo país é capaz de acumular perante as persoas e, eventualmente, outros países.[1][2]
Tradicionalmente, o papel moeda era apoiado pola acumulación de riquezas en cantidades de metais e pedras preciosas ou calquera especie de bens materiais; o de uso máis común é o ouro. Pero ao se utilizar deste tipo de medida, que é feita por medio dunha lei ou calquera outra norma, que torne a moeda oficial imposíbel de ser rexeitada, o estado crea o diñeiro fiduciario. Para garantir a súa moeda, o estado usa, alén das súas reservas de divisas, o establecemento dun ambiente económico interno estábel e seguro. Pode, porén, existir un sistema de curso legal, mais co valor da moeda asegurado soamente polas cantidades de riquezas materiais.[3][4]