Curtose

En teoría da probabilidade e estatística, a curtose[1] é unha medida da forma. As medidas de curtose tratan de estudar a proporción da varianza que se explica pola combinación de datos extremos respecto da media en contraposición cos datos pouco afastados dela. Unha maior curtose implica unha maior concentración de datos preto da media da distribución coexistindo ao mesmo tempo cunha frecuencia relativamente elevada de datos moi afastados. Isto explica unha forma da distribución de frecuencias con colas moi elevadas e cun centro moi apuntado.

  1. Masa Vázquez, Xosé M.; Fortes López, Belén (1995). Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, ed. Vocabulario de Matemáticas. Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-369-1. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne