Custas procesuais

As custas procesuais en Dereito procesual, son aqueles gastos que poden ser repercutidas á parte vencida en xuízo, cando a sentenza (ou auto) xudicial contén pronunciamento ao respecto.

Dentro das mesmas inclúense os gastos inherentes ao proceso: notificacións, taxas, os gastos de asistencia letrada (custo do avogado) e representación (procurador), así como os dos peritos que tiveran actuado e demais custos do proceso.

Nalgúns ordenamentos, os honorarios dos avogados e demais persoas que interviñeron no xuízo (por exemplo, procuradores e peritos), denomínanse custas persoais, en oposición aos gastos causados na tramitación do proceso, chamadas custas procesuais. Aínda que ambos os conceptos englóbanse baixo o termo xeral de custas.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne