DMC DeLorean

DMC DeLorean

TipoAutomóbil deportivo
FabricanteDeLorean Motor Company
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
Outros nomesDeLorean DMC-12
Período
1981 
1982
DeseñoGiorgetto Giugiaro en Italdesign
Produción8.975 unidades[1]
MontaxeDunmurry, Irlanda do Norte (Reino Unido)
Configuración
SegmentoSegmento S
CarrozaríaCupé de 2 portas
ConfiguraciónMotor traseiro, tracción traseira
Tren motriz
Motor2.85 L V6 PRV
Dimensións
Distancia eixes2415 mm
Lonxitude4215 mm
Anchura1855 mm
Altura1140 mm
Coas portas abertas: 1962 mm[2]
Peso1233 kg[2]
Commons ] Wikidata ]

O DMC DeLorean é un coche deportivo que foi fabricado por DeLorean Motor Company (DMC) dende 1981 ata 1982. É coñecido simplemente como o DeLorean, xa que este foi o único modelo que fabricou dita compañía. O coche tamén é chamado ás veces DMC-12, que é a súa designación interna de pre-produción. Porén, o nome DMC-12 nunca se usou en material de vendas ou de mercadotecnia para o modelo de produción.[3]

O DeLorean caracterízase pola súa carrozaría con portas de á de gaivota, paneis e capó de aceiro inoxidábel sen pintura. É moi coñecido pola súa aparición na triloxía de películas de Back to the Future. Despois de aparecer nestas tres películas, o DeLorean converteuse nun obxecto de culto.[4]

O primeiro prototipo apareceu en 1976 e a produción empezou oficialmente en 1981 na fábrica que DMC tiña en Dunmurry, en Irlanda do Norte. Durante a súa produción cambiáronse varios aspectos do coche, como o estilo do capó, as rodas e o interior.

Canto menos 8500 exemplares do DeLorean foron fabricados denantes de que a produción rematase a finais de 1982. En 2007 estimábase que aínda existían 6500 deles.[5]

  1. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Espey115–117
  2. 2,0 2,1 James Espey (2014). The Illustrated Buyer's Guide to DeLorean Automobiles, p. 16.
  3. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome LammSSI94-95
  4. "Un coche que se adelantó a su tiempo". El Mundo. 23 de marzo de 2005. 
  5. Zimmerman, Martin (28 de xullo de 2007). "For the DeLorean, it's back to the present". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne