DMC DeLorean

DMC DeLorean

TipoAutomóbil deportivo
FabricanteDeLorean Motor Company
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
Outros nomesDeLorean DMC-12
Período
1981 
1982
DeseñoGiorgetto Giugiaro en Italdesign
Produción8.975 unidades[1]
MontaxeDunmurry, Irlanda do Norte (Reino Unido)
Configuración
SegmentoSegmento S
CarrozaríaCupé de 2 portas
ConfiguraciónMotor traseiro, tracción traseira
Tren motriz
Motor2.85 L V6 PRV
Dimensións
Distancia eixes2415 mm
Lonxitude4215 mm
Anchura1855 mm
Altura1140 mm
Coas portas abertas: 1962 mm[2]
Peso1233 kg[2]
Commons ] Wikidata ]

O DMC DeLorean é un coche deportivo que foi fabricado por DeLorean Motor Company (DMC) dende 1981 ata 1982. É coñecido simplemente como o DeLorean, xa que este foi o único modelo que fabricou dita compañía. O coche tamén é chamado ás veces DMC-12, que é a súa designación interna de pre-produción. Porén, o nome DMC-12 nunca se usou en material de vendas ou de mercadotecnia para o modelo de produción.[3]

O DeLorean caracterízase pola súa carrozaría con portas de á de gaivota, paneis e capó de aceiro inoxidábel sen pintura. É moi coñecido pola súa aparición na triloxía de películas de Back to the Future. Despois de aparecer nestas tres películas, o DeLorean converteuse nun obxecto de culto.[4]

O primeiro prototipo apareceu en 1976 e a produción empezou oficialmente en 1981 na fábrica que DMC tiña en Dunmurry, en Irlanda do Norte. Durante a súa produción cambiáronse varios aspectos do coche, como o estilo do capó, as rodas e o interior.

Canto menos 8500 exemplares do DeLorean foron fabricados denantes de que a produción rematase a finais de 1982. En 2007 estimábase que aínda existían 6500 deles.[5]

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Espey115–117
  2. 2,0 2,1 James Espey (2014). The Illustrated Buyer's Guide to DeLorean Automobiles, p. 16.
  3. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome LammSSI94-95
  4. "Un coche que se adelantó a su tiempo". El Mundo. 23 de marzo de 2005. 
  5. Zimmerman, Martin (28 de xullo de 2007). "For the DeLorean, it's back to the present". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne