ঢাকা (bn) ڈھاکہ (ur) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Bangladesh | ||||
Divisões (pt) ![]() | Dhaka (pt) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 16.800.000 (2017) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua bengalí ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 368 km² ![]() | ||||
Altitude | 4 m ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Atiqul Islam (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 1000, 1100, 1200–1299 e 1300–1399 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 02 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | dncc.gov.bd ![]() | ||||
![]() |
Dacca[1] ou Daca[2] (bengalí: ঢাকা, transcrito Ḍhākā; pronunciado: [ɖʱaka]) é a capital e a maior cidade de Bangladesh. Tamén é a sexta cidade por número de poboación e a sétima por densidade de poboación do mundo. Dacca é unha megacidade e tiña unha poboación de 10,2 millóns de persoas en 2022, chegando a 22,4 millóns de residentes na súa área metropolitana.[3][4][5] Está considerada como a cidade máis densamente urbanizada do mundo.[6][7] Dacca é un importante centro cultural, económico e científico da rexión de Bengala e Asia Meridional, así como unha das máis importantes cidades de maioría islámica. A súa área metropolitana ten un produto interior bruto de 226 billóns de dólares estadounidense e a área da propia cidade por si soa ten un PIB de 141 billóns de dólares. A renda per cápita era de 9 626 $. Daca é a segunda cidade de Asia Meridional (despois de Bombai) por Produto interior bruto e a 39ª do mundo. Sita no delta do Ganxes, está arrodeada polos ríos Buriganga, Turag, Dhaleshwari e Shitalakshya. Dacca tamén é cidade de fala bengalí meirande do mundo.
É unha cidade global,[8] e o centro político, económico e cultural de Bangladesh. É a sede do goberno de Bangladesh e de moitas empresas nacionais, así como de numerosas organizacións educativas, científicas e culturais. Dende o seu estabelecemento como cidade moderna; a súa poboación, área e diversidade social e económica non parou de medrar. Tamén é unha das zonas máis densamente industrializadas do país. Ela soa supón o 35% da economía de Bangladesh.[9] O Dhaka Stock Exchange ten listadas até 750 empresas. Dacca acolle 50 misións diplomáticas de todo o mundo e a sede BIMSTEC, CIRDAP e International Jute Study Group.
Dacca é recoñecida a nivel mundial pola súa cultura culinaria (como o biryani), os rickshaws, os festivais de arte e a diversidade relixiosa. A zona vella da cidade ten arredor de 2 000 edificios da época do Imperio Mogol e o Imperio británico. Dende 1947, Dacca veu medrar de xeito significativo a industria editorial, cunha emerxente e próspera prensa.[10] Na literatura bengalí, a herdanza cultural de Dacca tivo unha grande influencia en obras de Akhteruzzaman Elias, Tahmima Anam, Shazia Omar e outros escritores bengalís.[11]
Daca (Bangladés)