Dacios

Dacia durante o reinado de Berebistas, no 82 a. C.

Os dacios (lat. Daci, gr. Dákai) foron os antigos habitantes de Dacia (que corresponde á actual Romanía) e partes de Moesia no sueste de Europa.

Falaban o dacio, o cal non foi identificado con certeza, mais ten vencellos co tracio e albanés.
A primeira vez que se lles menciona é nas fontes romanas, pero de maneira unánime os autores clásicos consideran aos dacios unha tribo dos xetas, un pobo tracio coñecido dende a Grecia antiga polos escritos.
Estrabón especificou que os dacios eran os xetas que vivían na área da Chaira panónica e Transilvania, mentres que os propios xetas gravitaban na costa do mar Negro, en (Escitia Menor).


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne