Dallas Mavericks | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Suroeste |
Fundación | 1980 |
Cores | Azul, prata |
G League | Texas Legends |
Retirados | 4 (12, 15, 22, 41) |
Localización | |
Cidade | Dallas, Texas |
Pavillón | American Airlines Center |
Capacidade | 19.200 espectadores |
Inauguración | 17 de xullo de 2001 |
Persoal | |
Propietario(s) | Mark Cuban |
Director | Nico Harrison |
Adestrador | Jason Kidd |
Títulos | |
Campión | 1 (2011) |
Conferencia | 2 (2006, 2011) |
División | 4 (1987, 2007, 2010, 2021) |
mavs.com |
Os Dallas Mavericks, ás veces coñecidos sinxelamente como Mavs, son un equipo profesional estadounidense de baloncesto con sede en Dallas, Texas, que xoga na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Os Mavericks foron fundados en 1980, e actualmente son propiedade do empresario de Internet e multimillonario Mark Cuban, sendo o seu adestrador o ex xogador Rick Carlisle. Actualmente xogan os seus encontros coma local no American Airlines Center, tras abandonar en 2001 o Reunion Arena.
De acordo coa revista "Forbes" en 2008,[1][2] os Mavs son a sétima franquía de baloncesto máis valiosa despois de New York Knicks, Los Angeles Lakers, Chicago Bulls, Detroit Pistons, Cleveland Cavaliers, e Houston Rockets, cun valor total de 466 millóns de dólares. Con todo, no mesmo estudo do ano anterior, o equipo texano ocupaba o terceiro lugar tan só por detrás dos Knicks e Lakers. Os Mavs gañaron o campionato da NBA en 2011, sendo o seu anterior maior éxito as finais de 2006.