Damageplan | |
---|---|
Orixe | Dallas, Texas, |
Período | 2003-2004 |
Xénero(s) | heavy metal, groove metal, hard rock |
Selo(s) discográfico(s) | Elektra Records |
Membros | Dimebag Darrell Bob Zilla Pat Lachman Vinnie Paul |
Na rede | |
http://www.damageplan.com/ | |
Damageplan foi un supergrupo estadounidense de heavy metal procedente de Dallas, Texas formado no ano 2003. Despois da desaparición do seu anterior grupo Pantera, os irmáns Dimebag Darrell e Vinnie Paul Abbott querían comezar unha nova banda. A parella recrutou ao antigo guitarrista de Halford Pat Lachman para as voces, e posteriormente a Bob Zilla como baixista. Damageplan editou o seu primeiro álbum, New Found Power, o 10 de febreiro de 2004, que se estreou no número 38 da Billboard 200, vendendo 44.676 copias na súa primeira semana.
Mentres Damageplan promocionaba o álbum nun concerto o 8 de decembro de 2004, un home chamado Nathan Gale subiu ao escenario e asasinou a Darrell, o guitarrista da banda. A pesar de que non se atoparon motivos, algunhas testemuñas afirman que Gale culpou aos irmáns da ruptura de Pantera e de que lle roubaran as súas letras. Gale foi morto por un oficial de policía. Abbott e Zilla uníronse posteriormente á banda Hellyeah, e Lachman fixo o mesmo con The Mercy Clinic.