Daniel Ricciardo

Modelo:BiografíaDaniel Ricciardo

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Daniel Joseph Ricciardo Editar o valor en Wikidata
1 de xullo de 1989 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Perth, Australia Editar o valor en Wikidata
EducaciónNewman College, Perth (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAustralia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo
competición de Fórmula 1 Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorRed Bull GmbH Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
2011-2011Hispania Racing F1 Team
2012-2013Scuderia Toro Rosso
2014-2018Red Bull Racing
2019-2020Renault F1 Team
2021-McLaren
2023-2024Scuderia Alpha Tauri Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webdanielricciardo.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3912020 Facebook: DanielRicciardo Twitter: danielricciardo Instagram: danielricciardo Youtube: UC23P0g2Vt4o6qt5dglgOGKQ Editar o valor en Wikidata

Daniel Joseph Ricciardo (Escoitari/rɪˈkɑːrd/) nado en Perth, Australia Occidental, o 1 de xullo de 1989 é un piloto de carreiras australiano, que competiu recentemente na Fórmula Un desde 2011 ata 2024. Ricciardo gañou oito Grandes Premios de Fórmula Un en 14 tempadas.

Nado e criado en Perth de pais italianos-australianos, Ricciardo comezou a competir en karting aos nove anos. Comezou nas fórmulas junior en 2005, Riccardo debutou no seu campionato rexional de Formula Ford. Gañou o seu primeiro título na 2008 Formula Renault 2.0 West European Cup con SG Formula, antes de gañar o Campionato británico de Fórmula Tres de 2009 con Carlin. Ricciardo pasou entón á Fórmula Renault 3.5, quedando subcampión ante Mikhail Aleshin por dous puntos na súa tempada de novato. Ricciardo fixo o seu debut na Fórmula Un no Gran Premio do Reino Unido de 2011 co HRT como parte do Red Bull Junior Team, substituíndo a Narain Karthikeyan polo resto da tempada 2011. Gañou unha carreira a tempo completo con Toro Rosso en 2012 e competiu en dúas tempadas por eles xunto a Jean-Éric Vergne, anotando varios puntos en cada unha.

Logo de que Mark Webber anunciara a súa retirada da Fórmula Un, Ricciardo foi confirmado como o seu substituto en Infiniti Red Bull Racing e como compañeiro de Sebastian Vettel para 2014.[1] Na súa primeira tempada con Red Bull, Ricciardo terminou terceiro no campionato logrando as súas tres primeiras vitorias na Fórmula Un, no Canadá,[2] Hungría,[3] e Bélxica.[4]

Despois dunha campaña sen vitorias en 2015 para Red Bull, Ricciardo volveu subir ao máis alto do podio no [Gran Premio de Malaisia de 2016|Gran Premio de Malaisia]] en 2016, e finalmente volveu a ser terceiro na clasificación. Obtivo máis vitorias para Red Bull en Acerbaixán en 2017, así como nos Grandes Premios da China e Mónaco en 2018. Ricciardo asinou con Renault en 2019, rematando cuarto, o mellor posto da tempada en Italia. Mantivo o seu asento para a campaña 2020, logrando múltiples podios e terminando quinto no campionato. Despois uniuse a McLaren en 2021 para acompañar a Lando Norris, logrando a súa única vitoria e o podio para o equipo en Italia. en medio de problemas de rendemento, Ricciardo deixou McLaren ao final da tempada de 2022 e volveu fichar como piloto reserva de Red Bull en 2023. A partir do Gran Premio de Hungría de 2023, Ricciardo substituíu a Nyck de Vries en AlphaTauri, mantivo o seu asento para a tempada 2024 como RB, pero foi substituído por Liam Lawson despois de Singapur.

Ricciardo logrou 8 vitorias en carreiras, 3 pole positions, 17 voltas rápidas e 32 podios na Fórmula Un. Ricciardo foi nomeado Membro da Orde de Australia nos Australia Day Honours de 2022.

  1. "F1: Australian Daniel Ricciardo named as successor to Mark Webber driving for team Red Bull in 2014". Australian Broadcasting Corporation. Consultado o 3 de setembro de 2013. 
  2. Benson, Andrew (8 de xuño de 2014). "Ricciardo wins ahead of Rosberg, Hamilton retires". BBC Sport (BBC). Consultado o 21 de decembro de 2014. 
  3. Johnson, Daniel (27 de xullo de 2014). "Lewis Hamilton beats Nico Rosberg to third at Hungarian GP in thrilling battle as Daniel Ricciardo claims victory". The Daily Telegraph (Telegraph Media Group). Consultado o 29 de xullo de 2014. 
  4. "Daniel Ricciardo Q&A: Great to taste winner's champagne again!". Formula1.com (Formula One Administration). 24 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de decembro de 2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne