Danzig | |
---|---|
Orixe | Lodi, Nova Jersey, |
Período | 1987 - presente |
Xénero(s) | heavy metal |
Selo(s) discográfico(s) | Def American, American, Hollywood, E-Magine, Spitfire, Evilive, Megaforce, Restless, The End |
Membros | Glenn Danzig Tommy Victor Johnny Kelly Steve Zing |
Artistas relacionados | Misfits, Samhain |
Na rede | |
http://www.danzig-verotik.com/ | |
Danzig é unha banda estadounidense de heavy metal liderada polo antigo cantante de Samhain e Misfits Glenn Danzig. Formado en 1987 en Lodi, Nova Jersey, o grupo destacou rapidamente na escena rock, co seu estilo único de metal bluseiro e a voz "crooner" de Danzig ao estilo de Roy Orbison e Elvis Presley. As letras e a imaxe abertamente satánicas de Danzig conseguíulle un bo grado de polémicas. Tras un grande éxito cunha versión ao vivo do se tema de 1988 "Mother", a banda experimentou coa música industrial e, posteriormente, regresou ao seu estilo anterior.[1][2][3] Ata a data Danzig publicou doce álbums de estudio (dous dos cales están formados totalmente por versións), dous EPs, un álbum ao vivo e un recompilatorio.